Dende 2018 continúa o evento/concurso “DiversimaCine” co seu obxectivo de dar apoio e visibilidade aos diferentes colectivos en situación de vulnerabilidade. Nel participan grupos (institutos, escolas), ONG e cineastas individuais de calquera nacionalidade, cultura e/ou relixión. Ao longo do tempo puidemos comprobar a gran acollida cara a DiversimaCine, que recibe ao ano arredor de 1.000 obras de 83 países.
En 2020 comezamos a darlle máis importancia ás obras locais ou comarcais, especialmente en lingua galega que reciben maior acollida local.
En 2022 seguirá habendo dous premios en metálico (350 €/premio): Mellor Curta Documental e Mellor Curta de Ficción Social que, tras unha selección previa, darán paso á votación do público dos que quedarán como finalistas só 3 obras de cada categoría. Despois, un Xurado de profesionais do Cine, Arte e Acción Social otorgará os dous premios finais que se entregarán na Gala final do Festival DiversidArte.
Este ano 2022 será no Auditorio da Domus en A Coruña. Haberá dúas proxeccións e unha gala/entrega de premios:
Xurxo Couto, Diputado de Cultura da Deputación Provincial de A Coruña