Saltar ao contido

DiversidArte

Votación Público Concurso DiversimaCine- Ficción

Xoves 18 de xuño.

Ás 8 da tarde.

Campo da leña

Título: WHEN THE TIGER ROARS

Director: Lam Can-Zhao

País: China.

Duración: 15 minutos.

Sinopse: Un neno de 12 anos ten problemas no colexio e co seu pai.

Un tigre escapa do zoo e cambia todo.

Pai e fillo comezan a entenderse mellor

Título: SMALL HOURS

Director: Oscar Wyndham Lewis

País: Reino Unido.

Duración: 11 minutos.

Sinopse: Un artista ten problemas co alcol e coa súa saúde mental.

Busca axuda nun vello amigo.

É unha historia dura pero tamén esperanzadora.

Título: JÜRGEN´S MOTIVATION

Director: Arezoo Salehi.

País: Alemaña.

Duración: 13 minutos.

Sinopse: Jürgen vive na rúa en Berlín.

Quere ter éxito e crea o seu propio “negocio”.

Usa a súa imaxinación para seguir adiante.

Título: RASCACIELOS

Director: Matías Valenzuela Vergara.

País: España.

Duración: 18 minutos.

Sinopse: José ten 17 anos e quere formar parte dun grupo.

Necesita diñeiro para continuar nun programa de fitness.

Para conseguilo, terá que enfrontarse á súa nai.

Título: OUR CIRCLE IN THE STORM

Director: Ray Jacobs.

País: Reino Unido.

Duración: 10 minutos.

Sinopse: Un grupo de persoas refuxiadas vive nunha casa abandonada.

Moitas teñen discapacidade.

Funcionan como unha familia.

Unha tormenta cambia a súa situación.

Título: NE ME QUITTE PAS

Director: Karim Huu Do.

País: España.

Duración: 18 minutos.

Sinopse: Un home e unha muller viven nunha illa.

Ela quere unha vida mellor.

El quere esquecer o seu pasado.

Xuntos intentan construír un futuro.

Título: LUS DEL TIEMPO

Director: Roberto F. Canuto e Xiaoxi Xu.

País: España.

Duración: 25 minutos.

Sinopse: Dúas persoas soas coñécense nunha aldea.

Ao principio desconfían.

Despois crean unha conexión especial que cambia as súas vidas.