Saltar ao contido

DiversidArte

APERTURA

No inicio do 11º DiversidArte Festival, imos facer unha actividade nova.

Queremos converter a Praza Santa Catalina da Coruña nunha pasarela aberta a todas as persoas.

Nesta pasarela, a moda únese coa inclusión, a creatividade e o comercio local.

Participan tendas e deseñadores e deseñadoras da cidade.

Contamos coa colaboración dos comerciantes, da Asociación Zona Obelisco e da profesional e estilista de moda Mar Gago (Sequeponerme).

Haberá un desfile con persoas diferentes.

Participarán persoas de distintas idades, xéneros, corpos, orixes e capacidades.

Queremos demostrar que a moda pode ser para todas as persoas, sen barreiras.

Sábado 13 de xuño.

7 de la tarde

Ás 7 da tarde.

Praza de Santa Catalina

MUNA DUVAL “Lola: ni canta ni baila, pero no se la pierdan”

Esta obra é unha creación da artista Muna Duval.

Ten un sentido especial para celebrar o Día Internacional contra os discursos de odio.

Conta a vida de Lola Flores, unha artista moi importante.

A historia mostra a súa infancia nunha taberna familiar e as dificultades que tivo que superar.

Tamén fala da guerra civil española e do franquismo.

A obra combina música, poesía e interpretación.

Participan a artista Muna Duval como Lola Flores, Carlos Manteiga ao piano e Antonio Arias á guitarra.

É unha actuación con emoción, forza, paixón e humor.

DIVERSIMACINE:

Votación Público Concurso DiversimaCine- Ficción

DiversimaCine celebra a súa 9ª edición cunha selección de curtas de ficción social de todo o mundo.

As proxeccións serán ao aire libre no Campo da Leña.

Queremos contar contigo.

O público é moi importante, porque poderá votar as mellores obras.

Co teu voto axudas a decidir que curtametraxe pasa ao xurado final.

Será unha noite de cine baixo as estrelas, para emocionarse e reflexionar sobre igualdade, diversidade e xustiza social.

Xoves 18 de xuño.

Ás 8 da tarde.

Campo da Leña

AMPARO SÁNCHEZ (AMPARANOIA)

BANDA DIVERSIDARTE

BATUKO TABANKA

Celebramos o DiversidArte Day, unha gran festa da música e da diversidade.

Queremos contar contigo para vivir unha tarde chea de alegría e emoción.

Actuará Batuko Tabanka, con ritmos de percusión caboverdiana que fan vibrar.

Tamén estará a Banda DiversidArte, un grupo diverso que transmite ilusión e ganas de compartir.

Contaremos coa gran artista Amparo Sánchez, cantante de Amparanoia, que traerá toda a súa forza, compromiso e enerxía ao escenario.

Será un espectáculo para gozar, bailar e emocionarse.

A música únese para celebrar a igualdade, a liberdade e a diversidade.

Non faltes!

Venres 19 de xuño.

Ás 8 da tarde.

Campo da Leña, A Coruña.

SKONE

IBÁN

FREESTYLE PEOPLE

REY DJ

Prepárate para o Freestyle People Day, unha festa chea de rimas, ritmo e enerxía.

Queremos contar contigo para vivir unha experiencia única.

Actuará Skone, un dos raperos e MC máis coñecidos de España.

Tamén estarán Freestyle People e Rey DJ, con moita forza e creatividade.

E Gallos del Norte, cun estilo combativo e cheo de mensaxe.

Haberá batallas de freestyle positivas, con música e improvisación.

O rap convértese nunha forma de expresar ideas e defender a igualdade.

Ven gozar, participar e sentir a forza da palabra!

Venres 19 de xuño.

Ás 5 da tarde.

Campo da Leña, A Coruña.

Once anos de celebración pola inclusión e a diversidade na Coruña!

Gozaremos tanto como todos os anos? Aínda mellor!

Preme nesta ligazón para ver o vídeo do 10º DiversidArte Festival das Artes Inclusivas 2025.