DiversidArte

Diversimacine

VII Concurso Internacional de Curtas Sociais de Ficción e Documental

  • Premios á Mellor Curta Social de ficción e Mellor Curta Social Documental: 500€ cada un.
  • Fecha límite de inscricción: 1 de Abril.
  • Previsualización de curtas polo público: 5, 12, 19 e 26 Abril (Galería Monty4).
  • Proxeccións e votacións do público dos preselleccionados ao concurso: 12 e 13 Xuño durante 9ª DiversidArte Festival.
  • Valoraranse especialmente aquelas curtametraxes en lingua galega e/ou realizados en Galicia.
  • Temática social e un max 30 min. de duración.
  • Traballos realizados dende 2022 a 2024.
  • Pódense presentar, coma máximo, dúas curtametraxes por autor.
  • Os participantes cederán os dereitos de emisión ao DiversidArte Festival, para fins educativos e non lucrativos.
  • As películas poden ser silenciosas ou sonoras. Se teñen son, toda obra seleccionada debera subtitularse ao galego ou castelán facéndoas accesibles a persoas xordas ou con diversidade funcional auditiva.
  • As películas deben tratar temáticas sociais, que afecten, exclusivamente, aos seguintes colectivos:
    1. Persoas con diversidade funcional (física, intelectual, psíquica e/ou sensorial).
    2. Migrantes.
    3. Minorías étnicas.
    4. Persoas monoparentais con fillo/os ao cargo.
    5. Persoas sen fogar ou afectadas por temas de vivenda.
    6. Vítimas de discriminación, por razón de orientación sexual ou identidade de xénero.
    7. Solicitantes de asilo.
    8. Persoas con problemas de adicción.
    9. Nenos ou novos afectados por acoso escolar (bullying).
    10. Desempregados de longa duración, menores de 25 anos ou maiores de 55.
  • Formas de envío:
    1. Por e-mail: diversimacine@poten100mos.org a través de Wetransfer ou mediante Vimeo ou  Youtube (con contrasinal e opción de descarga activada) do seguinte modo:
      • Os arquivos de vídeo deberán ter un tamaño máximo de 8GB.
      • Os arquivos deberán ter extensión MOV, AVI, MP4 ou MPEG (codecH264).
    2. On-line, pola plataforma Filmfreeway.
    3. Por correo certificado: en formato DVD ou pendrive, correndo a cargo do concursante o envío, á segunte dirección:

“Asociación Poten100mos”, Rúa/ Antón Vilar Ponte, 9 Baixo, A Coruña, 15005.

  • Información obligatoria. Calquera que sexa a forma de envío é obrigatorio que conteña a seguinte información:
    1. Datos da obra: especificar se accede ao premio de Documental ou Curta de ficción; título da curtometraxe, portada da obra, sinopse, ficha técnica e artística, e breve descrición sobre a realidade que se quere plasmar.
    2. Datos do autor/autora: nome, fotocopia de DNI, NIE ou pasaporte, teléfono, dirección e e-mail.
  • A comunicación aos participantes das obras preseleccionadas farase mediante teléfono ou correo electrónico o 1 de maio do 2024.