DiversidArte

recital poético post

Recital Diversamente Poético

Presenta:

Ana Julia Martínez Fariña é delegada da UNEE en Galicia, e recibiu o Escudo de Ouro polo seu intenso traballo no ámbito literario.

Participan:

mar dumont

Mar Dumont Morás

Enfermeira de profesión.

Mar non pode exercer desde 2012 porque vive con diversidade funcional tanto sensorial (visual) como física (motora).

Neste momento decide que a escritura será a súa vía de escape.

Para mellorar e aprender, participou en cursos e obradoiros, ademais de poñerse a proba en diferentes certames literarios:

  • Finalista dos Premios Diversía 2018 co relato “Un mundo diverso”
  • Premio do público no concurso “Relatos solidarios” organizado polo Casino 1889 de Carballo (A Coruña), co relato titulado “Miedo” (Diciembre 2018).

Publicou:

  • “El hada que no podía volar” (Cuento infantil “Cuentos para contar”. Editorial Ojos Verdes 2015)
  • “Te invito a comer” y “Pasiones ocultas, sueños prohibidos” (Relatos eróticos Editorial Talento- Comunicación. 2015)
  • Relato policíaco (“La audiencia ha escrito un crimen” AXN España  2016)
  • “Sin darme cuenta” (Poesía “Mar de primavera” Editorial Ojos Verdes 2018)
  • “Desequilibrios” (Poesía “Tragedias poéticas” Editorial Diversidad literaria 2019)
  • Publicación do poema ”Emociones” no apartado literario chamado “A quemarropa”, da  revista dixital  Proyecto Lumbre (2021)
rosy sarmiento

Rosy Sarmiento:

Rosy Sarmiento, escritora e poeta nacida na cidade da Coruña.

Gañadora de varios certames, entre eles:

  • Premio de poesía da Real Orden de Caballeros de María Pita en dúas ocasión.
  • Finalista no premio de relato e segundo premio de poesía. da Casa de León.
  • Finalista do Premio Internacional de Novela Famosa coa súa novela de ficción histórica Mi Querido Rei Abdullah.

Publicou:

  • Poemario titulado “Mentiras y Flores” ( 2005)
  • Poemario “ Material Sensible” (2019)
  • Novela fantástica “Roshwen”, Editorial Atlantis
  • Novela “Dicotomía Púrpura”, Célebre Editorial
  • Novela ficción histórica “Mi Querido Rey Abdullah”, Célebre Editorial.

Fadile Tibisay Chami:

De orixe siria, reside na Coruña dende os 18 anos. Escribiu numerosos contos infantís e poesía en árabe.
É activista polos dereitos humanos, das mulleres e dos refuxiados.

É vicepresidenta de SAWT, unha asociación sirio-galega para os refuxiados sirios en Galicia.
É tanto membro activo da Rede de Mulleres Sirias (#SWN) como do Lobby Feminista Sirio.
Ademais da súa labor como tradutora e de apoio ás mulleres refuxiadas, comenta que o seu traballo principal é o de empregada do fogar e que nos últimos 10 anos tamén se dedica ao coidado de nenos.

Manuel Jacobo González Outes

Manuel Jacobo González Outes, membro da UNEE e residente na Coruña, naceu en Carnota.

Distinguido como Miembro de Honra de la Unión Nacional de Escritores de España.

Este título é outorgado pola especial contribución da súa obra literaria ao ámbito do Ensino e tamén polo seu achegamento ao mundo de diversas organizacións non gobernamentais, nas que el ensina.

Despois dun grave accidente de tráfico no ano 2000 que lle impediu seguir traballando na súa profesión, decidiu dedicarse a tempo completo á súa vocación de escritor.

Colaborou en varios xornais con artigos sobre diversos temas técnico-laborais e relatos literarios. Durante anos imparte clases en diferentes ONG.

Na actualidade, faino na Asociación sen ánimo de lucro Ecos do Sur.

Publicou:

  • “Diario dunha noiteboa” (2009), de Bahía Ediciónes.
  • “Historias desde el geriátrico” (2014), Editorial Atlantis.
  • “El destino de Simón Naveira (2015), Editorial Atlantis.
  • “La romería de Paquito” (2016), Ediciones Seleer  (Autobiográfica)
  • “Libero”
  •  “Las divertidas memorias de un ferroviario”.

Carolina Raposo

Carolina Raposo Barreiro naceu en Coruña e é membro do club de lectura de Aspronaga.

Alí, ademais de fomentar a lectura realiza actividades de coordinación e etiquetaxe de libros na biblioteca do centro Ágora.

O seu interese pola escritura comeza desde fai un par de anos con contos sobre a festa de San Juan e sobre os fundadores de Aspronaga Ricardo Baró e Martín Pou.

Interésanlle textos en lectura fácil que sexan accesibles a todos os públicos.

Rosa Salanova

Rosa Salanova

Artista multidisciplinar, poeta, escritora, pintora e bailarina, nacida en Barallobre (Fene) e residente en Narón. É licenciada en Enfermaría, e escribe de forma autodidacta dende nena.

Durante anos formou parte dun obradoiro literario da Casa da Cultura de Fene co escritor Eduardo Estévez.

Publicou os seus poemas e relatos en revistas de arte, literatura e poesía, entre as que destacan: 

Revista de arte “Revistart” (varias edicións), Revista “Poesía Galicia” (varias edicións), Cadernos de poesía “As voces da Casa” (edicións 2007-2008 e 2009), e “Gaceta de Fene” (sección de poesía: artigo e publicación de poemas de Rosa Fernández Salanova en agosto de 2008).

Participa activamente en recitais de poesía, encontros e eventos literarios. Tamén publicou en libros de poesía en diferentes edicións. Formou parte de grupos literarios de literatura en galego como O Faladoiro e Moraima.

Actualmente, segue escribindo poemas e contos preparando o seu próximo poemario.

José Manuel Cairo

José Manuel Cairo Antelo (Noia, A Coruña, 1945), é doutor en Medicina Cirurxía pola USC (Universidade de Santiago de Compostela).

Como debuxante e pintor, fixo diversas exposicións, individuais e colectivas en distintas localidades de Galicia e España. Compareceu na exposición itinerante “Antón na memoria: imaxe e voz”, de María Esteirán, xunto coas figuras máis recoñecidas da literatura galega actual.

Baixo a dirección do profesor Mourelle de Lema, profesor Emérito da Universidad Complutense e Membro da Real Academia de la Historia, lee na Casa de Galicia en Madrid o seu libro inédito “Tibia Desnudez”, en marzo de 1992.

Publicou poemas, artigos e relatos en revistas como “Tapal” (Noia), “La Veleta del Sastre” (Alcázar de San Juan, Cidade Real) e “Grugalma” (Madrid) e participou en diversas conferencias, homenaxes e recitais.

Aparece no libro “O galego: quen é quen na Galicia dos noventa” (O Correo Galego). Membro de numerosos e ilustres Grupos e Sociedades Culturais.

El escribiu:

  • “Esas mans”, cun prólogo de Antón Avilés de Taramancos (Cartafol de Poesía, colección “Verba que comeza”, Concello de Noia).
  •  “Impreciso xermolar dos renovos”, con prólogo de Plácido Lizancos (Editorial GaliNova).
  • “Da carraxe e da paixón”, prólogo (inédito) de José Maria Álvarez Cáccamo (Editorial Espiral Licenciatura en Poesía);
  • “Rwanda-Rwanda”, catálogo ilustrado por Gallego Merino.
  • “Fragmentos do meu mosaico: Cachiños, Esquirlas e Teselas” (Editorial Toxosoutos), cun prólogo de Celia Fernández Vázquez.

Evelyn Mª Anderson 

Evelyn Mª Anderson Crespo naceu en Venezuela e alí pasou os primeiros anos da súa vida. Despois de pasar longas tempadas en Madrid e Londres, aséntase na Coruña coa súa avoa. Esta cidade é o pano de fondo de moitas experiencias e aventuras. Aqueles que compartiron estas andanzas con ela, hoxe dedícanlle palabras de agarimo nunha avalancha de recoñecemento á súa ilusión, forza e xeito.

Acompaña á guitarra:

Antonio Arias Mosquera

Antonio Arias Mosquera comezou a súa carreira profesional a principios dos anos noventa ambientando contos, obras de teatro e títeres para nenos na compañía Trinque-Trinque e foi pioneiro na creación de espectáculos heteroxéneos de poesía e canción xunto a Cesáreo Mourelle. A partir de entón, profesou todo tipo de alianzas con causas xustas e colectivos sociais por toda a península. Actualmente reside na Coruña e ten publicado tres obras que engloban xéneros coma teatro, poesía, novela ou investigación e traballa en Poten100mos, entidade dedicada á inclusión social e á visibilización da diversidade. As suas obras son: “La Marca” “En el fondo del mal” e “El sueño del elefante”.

Fecha_23_septiembre

Data

Venres 23 de setembro de 2022

Hora

De 8 a 9 da tarde

ubicación

Sede Afundación A Coruña

Rúa Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña

Todos os espazos que utilizamos están libres de barreiras arquitectónicas.

Apoio á mobilidade e acceso aos diferentes eventos.

Accesibilidade para persoas xordas:

Mochilas vibratorias e equipamiento FM para persoas xordas en todos os concertos.

Intérprete de lingua de signos no cuentacuentos e no recital poético (23 de setembro) e na Gala final e entrega de premios Diversimacine (24 de setembro).

Todas as curtas e documentais do concurso Diversimacine proxectados están subtitulados para persoas xordas.