Ovarietés é un espectáculo no que Natalia Outeiro “Pajarito”, Diana Sieira e Malala Ricoy se unen para dar o mellor de si mesmas. Os mellores sketches dos nosos 3 espectáculos, un tras outro. Todo cunha perspectiva feminista e feminina, humor ovárico e diversidade sexual.
Sábado 24 de setembro de 2022
De 9:30 a 10:30 da noite
Rúa Ángel Rebollo, 91. 15002 A Coruña
Todos os espazos que utilizamos están libres de barreiras arquitectónicas.
Accesibilidade para persoas xordas nos concertos:
Proverase de mochilas vibratorias para persoas xordas. Estas mochilas transmiten a música mediante vibracións facilitando así que as persoas xordas tamén poidan vibrar nos concertos.