Unha gran banda apta para o rigor do directo, o cambio desexado por todo artista, Metamorfosis… Da man de Poten100mos transforma o silencio en catarse grupal, tambores de paz, palmas e ritmos. O son que enche o corazón sen podelo evitar.
Venres 16 de setembro de 2022
De 8 a 8:40 da tarde
Rúa Riazor, 5. 15004 A Coruña
Todos os espazos que utilizamos están libres de barreiras arquitectónicas.
Accesibilidade para persoas xordas nos concertos:
Proverase de mochilas vibratorias para persoas xordas. Estas mochilas transmiten a música mediante vibracións facilitando así que as persoas xordas tamén poidan vibrar nos concertos.