Chungo Pastel é un grupo de música pop-rock de Vigo con moito “ flow” e que xa contan no seu CV coas colaboracións de Orozco e Silvia Superstar. Son un grupo formado por batería, baixo, guitarra eléctrica, teclados e pequena percusión. Versionean cancións que todos coñecemos e innovan con cancións propias do ‘Proxecto Somos’ (Fundación Igualarte).
Venres 16 de setembro de 2022
De 9 a 9:40 da noite
Rúa Riazor, 5. 15004 A Coruña
Todos os espazos que utilizamos están libres de barreiras arquitectónicas.
Accesibilidade para persoas xordas nos concertos:
Proverase de mochilas vibratorias para persoas xordas. Estas mochilas transmiten a música mediante vibracións facilitando así que as persoas xordas tamén poidan vibrar nos concertos.