SÁBADO 11 SETEMBRO

LUGAR

Aula Centro Sociocultural Ágora (Aula 7)

HORARIO

12:00 horas

 

A linguaxe artística é universal e vai moito máis aló da linguaxe verbal.

A cultura e a arte poden e deben contribuir a construir espazos de relación social accesibles a todas as persoas, sendo instrumentos ideais para traballar aspectos como a pertinencia e inclusión na sociedade.

Neste obradoiro de musicoterapia, as persoas máis pequenas e tamén as  grandes poderán experimentar por si mesmas, de forma teórica e práctica unha metodoloxía realmente integradora que se emprega nas Orquestas Inclusivas de Andalucía.

A actividade terá lugar na aula 7 do centro Ágora.