SÁBADO 11 SETEMBRO

LUGAR

Auditorio Centro Sociocultural Ágora

HORARIO

18:00 horas

ACCESIBILIDAD

metaMorfosis  é o grupo de percusión creado e xestionado directamente pola  Plataforma DiversidArte, a faceta de xestión cultural da organización sen ánimo de lucro Poten100mos coa que emprega a arte como ferramenta de integración e de cambio social.

 

O grupo está formado por músicos, persoas diversas e na súa maioría con Síndrome de Down, e dirixido polo músico Antonio Arias Mosquera.

Profesionalidade, ritmo e alegría definen esta proposta musical de arte inclusiva á que te invitamos.