SOBRE DIVERSIDARTE, FESTIVAL DAS ARTES INCLUSIVAS

 

2021 é o sexto ano consecutivo que a Plataforma DiversidArte da Asociación Poten100mos  celebra o seu DiversidArte, Festival das Artes Inclusivas, mellorando cada ano coa programación,  con máis público e nun camiño máis certo cara ao verdadeiro cambio social en pro da diversidade e da auténtica inclusión social.

 

Desde decembro de 2016, data na que se inaugurou o festival, apoiamos a máis de 300 artistas en diferentes situacións de vulnerabilidade e pertencentes a diferentes colectivos sociais.

 

SOMOS

 

A Asociación Poten100mos é unha organización sen ánimo de lucro que traballa para o desenvolvemento persoal e a inclusión de persoas en situación de vulnerabilidade, desenvolvendo actividades dirixidas á súa integración e participación dentro da comunidade cun carácter innovador e eficaz.

Unha das nosas grandes motivacións é traballar por unha sociedade interdependente na que cabamos todos, capaz de ver na diferenza e na diversidade unha parte fundamental da súa riqueza e razón de ser: unha sociedade inclusiva. Así mesmo, o propósito da Asociación Poten100mos é promover o cambio e a educación social para a normalización das relacións da sociedade con todas as persoas en situación de exclusión, celebrando así a riqueza da diversidade.

DiversidArte é así un apoio creado para a promoción, produción e difusión da arte onde os seus principais protagonistas son persoas con diversidade intelectual, física, mental e sensorial, xunto con outros grupos en situación e en risco de exclusión ou non, con actividades que promoven as sinerxías entre colectivos e a súa propia inclusión como artistas dentro da sociedade. Un mundo no que cabemos todos.

OUTRAS EDICIÓNS