DiversidArte

Por eso

Evelyn é unha moza con diversidade que quere estudar o ciclo medio de mecánica. Cando vai facer a matrícula non lle deixan porque non ten o título da ESO. Como é isto posible? Evelyn cursou a ESO e, con moito esforzo, moito traballo e superando todos os obstáculos que atopou, conseguiu rematar o ensino obrigatorio. Porén, non lle deron o título. Contará coa axuda do seu amigo Alejandro para transitar un camiño descoñecido e incerto. Acadará Evelyn o seu obxectivo?

Dirección: Miriam Rodríguez

País: España

Duración: 7 minutos